Contra-Bando Santiago de Compostela

 

Video resumen da cacerolada que tivo lugar en Compostela o día 31/V/12 co gallo dunha nova normativa sobre ocupación e uso da vía pública. Esta normativa que suponse para regular andamios, canalizacións de augas, grandes eventos… na letra pequena e entreliñas acabará prácticamente con calquera iniciativa social que se queira desenvolver nas rúas da nosa cidade.

Finalmente o borrador da normativa foi aprobado cos votos a favor do PP, abstención do PSOE, e cos votos en contra do BNG.

Nós, veciños de Santiago, seguimos aterrados pola que se nos ven encima con esta imposición recaudatoria e privativa. Seguiremos loitando polas nosas liberdades e por unha vía pública sen restriccións de liberdades.

Un paso para adiante, dous para atrás. Antes Conde Roa, agora Currás.

Vémonos nas rúas, que son nosas e aínda non as regalamos.

Be Sociable, Share!
Etiquetas: , , ,